Escoitar

VigoCultura retoma a súa programación esta fin de semana

Esta fin de semana volve a programación municipal de artes escénicas VigoCultura con outras tres propostas artísticas. Dúas para público adulto, o venres 10 con "La Desconquista" e o sábado 11 coa obra "Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?"; e unha para público familiar o domingo 12: "Crisálida".

martes, 7 abr 2026

A programación municipal de artes escénicas VigoCultura retoma esta fin de semana a súa actividade con outras tres propostas artísticas. A primeira, o venres 10 ás 20h, a compañía Ron Lalá presenta La Desconquista, unha comedia burlesca con música en directo e cinco actores-músicos que mostra o afán de conquista e o pasmo ante a nova realidade dun continente aínda descoñecido por parte do Imperio onde non se puña o sol. As entradas para esta representación están esgotadas.

O sábado ás 20h, tócalle a quenda a Tantakka Teatroa coa obra Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?, unha coprodución co Centro Dramático Nacional, baixo a dirección de Mireia Gabilondo, quen tamén forma parte do elenco xunto a Aitziber Garmendia e Telmo Irureta.

Finalmente o domingo 12 ás 18h, é o momento para o teatro familiar coa compañía galega Caramuxo Teatro, que presenta a súa obra Crisálida, un espectáculo sen texto e con banda sonora orixinal onde a historia se conta a través de máscaras, música, situacións e obxectos. Crisálida é unha comedia que pon en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado.

As entradas poden adquirirse na páxina web www.giglon.com, na papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22) e o mesmo día do espectáculo desde unha hora antes do comezo no billeteira do Auditorio, sempre que houbese entradas dispoñibles.

Descargar todas as imaxes