Caballero avanza a aprobación dunha concesión directa de Balaídos ao Celta
A previsión municipal é que os pregos e as bases do acordo sexan aprobadas o venres, 10 de abril, na Xunta de Goberno Local. “Cando en Vigo operamos desde o diálogo e a unidade, sacamos as cousas adiante”, indicou o rexedor olívico.
O alcalde avanzou que na próxima Xunta de Goberno Local, que se celebrará este venres 10 de abril, recibirán luz verde os pregos e as bases dunha "concesión directa de usos do estadio de Balaído ao Celta de Vigo"e, tal e como explicou, unha vez aprobada esa concesión por un período de 50 anos prorrogable ata os 75, a entidade "poderá utilizar o campo para fins deportivos, para fins terciarios e para fins complementarios”.
O alcalde referiuse ao estadio de Balaídos como “a principal icona deportiva de Galicia” e destacou que se trata “unha gran decisión e unha gran medida. Estou moi satisfeito e cando en Vigo operamos desde o diálogo e a unidade, sacamos as cousas adiante”.