O rexedor reúnese coa organización do Vigo SeaFest 2026
Abel Caballero mantivo un encontro este martes con Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, a quen lle trasladou o apoio municipal para a celebración do VII Edición do Festival Arvi do Peixe VSF26 previsto entre os días 9 e 12 de xullo. Para a organización, o festival do peixe contribúe a reforzar a identidade mariñeira viguesa e impulsa a proxección exterior da cidade como capital europea da pesca, xerando un retorno social, cultural e económico para a cidade. Caballero reiterou a colaboración municipal, como é habitual, tendo en conta "que se trata dunha actividade de rango económico moi importante". No encontro tamén estivo presente Mercedes Rodríguez, xerente adxunta da Cooperativa de Armadores.