venres, 10 xul 2015
O alcalde asinou esta mañá un convenio cos reponsables do Sporting Club Comesaña de Atletismo, que este ano celebra o seu centenario. O Concello aportará 8.000 euros para colaborar coas actividades que a entidade vai desenvolver con motivo da efeméride.
xoves, 9 xul 2015
O Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo, que conta con 200 inscritos, comezará este sábado ás 19:00 horas nas pistas municipais de Balaídos. A entrada será gratuíta.
xoves, 9 xul 2015
O programa Verán Deportivo, en Samil, chega ao seu fin coa disputa do XIII Trofeo Cidade de Vigo de fútbol praia esta fin de semana nas instalacións de Vigoarena, o espazo acoutado no areal vigués para diversas modalidades deportivas de praia. O torneo está auspiciado pola Federación Galega de Fútbol e incluído no campionato autonómico desta disciplina.
xoves, 9 xul 2015
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e representantes do Club de Remo Coruxo, o seu presidente Darío Fernández e o remeiro David Serodio, presentaron a XXIII Bandeira Concello de Vigo, que este ano volve á máxima categoría da Liga Galega, a división A, tras acadar o club do Vao o ascenso á mesma.
mércores, 8 xul 2015
Caballero e Louzán asinaron hoxe mércores o convenio que garante a reforma integral do estadio de Balaídos. Durante este acto "histórico", o alcalde avanzou que as previsións pasan porque esta infraestrutura deportiva esté completamente remodelada ao longo da tempada 2017/2018.
venres, 3 xul 2015
Abel Caballero e Francisco Soto Barilac, delegado en Vigo do Comité Galego de árbitros de fútbol, asinaron esta mañá un convenio que permitirá a estes profesionais usar sen custo as pistas de atletismo de Balaídos. Para os seus adestramentos. O Concello autoriza a este colectivo o uso destas instalacións entre as 20,00 e as 22,00 horas, os luns, mércores e venres.
venres, 3 xul 2015
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou hoxe a terceira edición do Torneo Concello de Vigo de pádel, acompañado polo presidente do Club Barreiro Pádel, Antonio Amaro, así como o director técnico de Máis que Auga, Francisco Cortegoso, e o responsable deste deporte nos complexos MQA, Xoel Tejo.
martes, 30 xuñ 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou hoxe un convenio de colaboración co tenista Martín de la Puente, ao que o Concello apoiará no seu camiño cara aos Xogos Paralímpicos de Río 2016.
venres, 26 xuñ 2015
O goberno local aprobou o último trámite administrativo das obras xa realizadas nos campos de fútbol de As Travesas, Samil e a ETEA nas que se investiron preto de 900.000 euros. O rexedor tamén deu conta da aprobación de máis de 75.000 euros para promoción da igualdade.
venres, 19 xuñ 2015
Coa colaboración do Concello de Vigo, esta fin de semana terá lugar no Real Club Náutico e no paseo marítimo a I Festa do Xadrez Educativo en Vigo, que conta con 500 participantes de todas as idades acreditados para cinco actividades organizadas: Torneo Interescolar, Programa de Ocio, Torneo Lóstrego, Simultáneas de Mestres e Acto de Clausura.