venres, 19 xuñ 2015
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, presentou hoxe a 32ª Carreira Nocturna de San Xoán, que se disputará ás 21:00 horas do vindeiro martes no circuíto tradicional que remata no Berbés.
venres, 12 xuñ 2015
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe venres o primeiro gran acto deportivo do Comesaña logo da recepción oficial do Concello a todos os estamentos da entidade de San Andrés de Comesaña en abril pasado.
mércores, 10 xuñ 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por presidentes, directivos e xogadores de varios equipos de fútbol afeccionado da cidade, presentou hoxe a Copa Vigo de fútbol, que en categoría masculina xa coñece os finalistas, Santa Mariña e Victoria, con Balaídos como escenario este sábado día 13 (19,00 horas), e a terceira edición do torneo feminino, que xogará as súas semifinais o día 17 e a súa final o sábado 20. O Concello é o patrocinador do evento, que ten entrada gratuíta á final.
martes, 9 xuñ 2015
Segundo o convenio asinado este martes polo alcalde e os responsables do club deportivo, o goberno de Vigo achega 48.000 euros para respaldar ao primeiro equipo, como club de elite no baloncesto en cadeira de rodas, e tamén para "intensificar" a súa división de base.
venres, 5 xuñ 2015
A proposta que levará a cabo o goberno local con Chano Rodríguez pasa por ofrecer charlas-coloquio nos centros educativos da cidade para concienciar aos escolares das especificidades e necesidades do deporte para discapacitados e trasladarlles os valores que representan. No caso de Susana Rodríguez Gacio, o Concello apoia á triatleta no seu proxecto de disputar os xogos paralímpicos de Río 2016. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, firmou este venres ambos convenios de colaboración.
venres, 5 xuñ 2015
Balaídos será escenario un ano máis das finais da Vigo Cup, que este verán entra na súa decimoquinta edición, "porque a verdadeira ilusión dos que xogan o torneo de fútbol base é disputar a final no estadio", explicou o alcalde, Abel Caballero, durante a rolda de prensa de presentación do evento.
xoves, 4 xuñ 2015
Abel Caballero cualificou a O Marisquiño como a maior atracción deportiva que se celebra en Vigo e avanzou todo o apoio necesario para que "forme parte dos emblemas da cidade". Durante a rolda de presentación, felicitou a organizadores e patrocinadores privados por continuar con este proxecto que este año se organizará os próximos 7, 8 e 9 de agosto.
xoves, 4 xuñ 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a apertura do prazo para as propostas de actividades de entidades no curso 2015/2016 do programa municipal de escolas deportivas.
luns, 1 xuñ 2015
Vigo en xogo participará no Campionato de España de Fútbol 7 que este ano se organiza en Salamanca entre o 19 e o 21 de xuño. O rexedor asinou esta mañá con responsables da agrupación deportiva un convenio de colaboración por un valor de 8.000 euros. <br />
xoves, 7 mai 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a XVIII Media Maratón de Vigo, pertencente ao Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que se disputará este domingo ás 10:00 horas polas principais arterias da cidade con saída e chegada no centro (Policarpo Sanz e Sireno).