xoves, 26 feb 2015
As Bici Rutas regresan por quinto ano consecutivo dentro dos programas de promoción da Concellería de Deportes. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe as sete rutas en bicicleta que o Club Ciclista Vigués programou para este ano co patrocinio do Concello e que se celebrarán nos meses de marzo (dúas marchas), abril (unha), outubro (dous) e novembro (dous).
martes, 24 feb 2015
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, anunciou hoxe que "Vigo será a capital do tuning esta fin de semana" grazas ao salón Galiexpo Motorshow que cumpre a súa novena edición no recinto ferial de Ifevi. Dende este venres ao mediodía ata o domingo ás 20:00 horas, o Ifevi acollerá a un gran número de expositores de clásicos, tuning, coches americanos, vehículos todoterreo, motos e náutica.<br />
venres, 20 feb 2015
Caballero fixo esta mañá un recoñecemento ao Real Club Celta de Vigo polo seu papel "clave" neste gran proxecto de cidade que é a remodelación integral do estadio municipal de Balaídos. Durante a rolda de prensa na que Celta e empresa adxudicataria asinaron o contrato para reformar a grada de Tribuna Preferencia, Caballero reiterou a satisfacción da cidade por este "soño que tardou tantos anos en concretarse".
luns, 16 feb 2015
O resto do recinto deportivo abrirá no verán, segundo detallou este luns Abel Caballero tras unha visita aos traballos de construción do complexo. O Concello inviste case 9 millóns de euros e, xunto ao emprego da obra, xerará entre 30 e 50 postos de traballo cando entre en funcionamento. Engadido ao campo de fútbol 11 e o pavillón polideportivo, "o complexo deportivo de Navia será o máis importante de España", afirmou o alcalde.
mércores, 4 feb 2015
O alcalde reiterou esta mañá a vontade do goberno local de acometer a renovación do campo de fútbol do Colexio Hogar dado que a propietaria, A Fundación, non asume as súas responsabilidades. Tal e como se fará no campo de O Carballal, sustituirase a terra por herba sintética de última xeración. O rexedor visitou hoxe as instalacións con ténicos municipais e membros da directiva do clube.
mércores, 4 feb 2015
Abel Caballero anunciou a celebración este domingo da segunda edición da Gran Bikedada, unha proposta ciclista "con dimensión de vida saudable", explicou o rexedor, e que sairá da zona do Náutico ás 9:00 horas para chegar ata o encoro de Eiras, en Fornelos de Montes e regresar ao momento de partida.<br />
martes, 3 feb 2015
O alcalde de Vigo avanzou hoxe martes que o Concello instalará herba de última xeración nos campos de fútbol de O Carballal e do colexio Hogar. Así o explicou en rolda de prensa logo de que onte visitara as instalacións nas que usa o Gran Peña.
luns, 2 feb 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuníronse este mediodía cos clubs de elite da cidade (trece) para anunciarlles o "pago inmediato" dos seus convenios.
mércores, 28 xan 2015
O alcalde e o presidente do Celta asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a remodelación do estadio de Balaídos, segundo o proxecto deseñado polo arquitecto Pedro de la Fuente. Tal e como apuntou o rexedor na posterior rolda de prensa, está previsto que a renovación das gradas de Río, Preferencia e Tribuna estén rematadas a finais de ano.
mércores, 28 xan 2015
Abel Caballero presentou hoxe mércores a segunda edición da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo, que se desenvolverá en tres xornadas dominicais na piscina municipal do Carme (complexo das Travesas). Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, dous representantes do C.N. Vigo Rías Baixas (Antonio Vázquez e Miguel Martínez) e tres de Foanpas (a súa presidenta, Dolores Fernández, Libertad Moscoso e Bertila Fernández), o rexedor felicitou á organización pola participación acadada.<br />