O goberno de Vigo promove o deporte de base cunha convocatoria pública de 550.000 euros
Caballero informou este venres da aprobación da convocatoria de 550.000 euros para apoiar ás entidades deportivas sen ánimo de lucro. O Concello incrementou en 2016 os recursos para o deporte de base en 150.000 euros, adicando ao efecto case 1,4 millóns. <br />
Xunto á validación das bases e da convocatoria de subvencións, Abel Caballero recordou que o goberno que preside respalda aos clubs da cidade con case 2 millóns de euros, dos que case 1,4 millóns son para o deporte de base, 150.000 euros máis que o pasado 2015, o que supón case un 30% máis.
Tamén en materia deportiva, o goberno de Vigo validou os convenios co AMFIV, na máxima categoría de baloncesto en cadeira de rodas, para apoialos con 53.000 euros, e co Coruxo FC, de Segunda División B de futbol masculino, por importe de 65.000 euros.
O Concello tamén acordou unha subvención de 8.000 euros á Agrupación Viguesa de Atletismo para a organización do Circuito Concello de Vigo de atletismo en Pista – Series Municipais. O evento ten sete xornadas e inclúe este ano o Gran Premio Cidade de Vigo, unha das citas anuais de máis importancia en Galicia. A competición, de distintas disciplinas do atletismo, reúne a deportistas de toda España e os mellores de Galicia.
Outros acordos
A sesión deste venres do goberno local deu asemade luz verde ao convenio coa Sociedade Filarmónica de Vigo para colaborar nos gastos de financiamento da súa programación anual de concertos. Para este 2016, a Sociedade celebra no Teatro Afundación un total de 23 actuacións.
Por último, o goberno de Vigo aprobou o expediente de contratación para o subministro de árbores, arbustos e pranta de tempada. O Concello adica 60.000 euros á compra de distintos elementos vexetais nun contrato que comeza a aplicarse este mes e se prolonga ata finais de ano.