Escoitar

Concerto ENSEMBLE VIGO 430 o domingo no Auditorio Mar de Vigo

Este domingo día 13 de marzo, ás 12:00 h, terá lugar o cuarto concerto programado pola Orquestra Vigo 430 para a "Primavera 2016", que conta coa colaboración da Concellería de Cultura.Neste caso, será o ENSEMBLE VIGO 430 quen ofrecerá o concerto denominado "O 13 é un número afortunado", con obras de Strauss, Ravel e Schumann, no Auditorio Mar de Vigo.

venres, 11 mar 2016
1457702996concertoprimaveira.jpg
O traballo da música de cámara é unha das características que permiten valorar mellor a calidade dunha agrupación. A través deste formato poden verse as verdadeiras potencialidades dos músicos de orquestra ao quedar ao descuberto todas as súas habilidades individuais. A Vigo 430 quere aproveitar este potencial para amosar ao público dentro da súa programación tamén apartados específicos dedicados á cámara, que doutro xeito quedarían fora da programación sinfónica. Xa nos programas sinfónicos de 2012 se incluíra un apartado de cámara que fora moi ben acollido polo público. Seguindo esa estela retomouse esta actividade no programa do 2015 e de novo neste Programa de Primavera.

Este ano retómase o programa de abonos a través do cal todas aquelas persoas que vaian asistir a varios concertos poidan facelo nunha única compra, cunha entrada única, a un prezo inmellorable e con asento reservado en zona preferente. A venda de localidades e abonos realízase a través de ticketea (www.ticketea.com)
Descargar todas as imaxes