O goberno local e SOS Sanidade Pública coinciden na demanda de manter servizos sanitarios no Xeral
O encontro mantido entre o alcalde de Vigo e representantes da Plataforma SOS Sanidade Pública serviu para ratificar a posición común de solicitar que nas instalacións se compatibilicen atención sanitaria e de xustiza.
Abel Caballero deu conta este mércores da reunión mantida cunha representación da Plataforma SOS Sanidade Pública sobre o proxecto da Cidade da Xustiza quen lles transmitiron que "avalan que no vello hospital haxa atención sanitaria, unha demanda que seguimos facendo dende o Concello", que quere servizos no Anexo I mentres a plataforma quere amplialos tamén ao Anexo II polo que "ratifican a nosa posición de compatibilizar sanidade e xustiza" nas instalacións.
Ademais, o alcalde vigués demandoulle ao vicepresidente da Xunta "información continua, que nestes momentos non temos" para saber que se está facendo, xa que Vigo está cooperando con "lealdade absoluta en favor da Cidade da Xustiza".
Descargar todas as imaxes