Escoitar

Caballero coida imprescindible que no comité de transporte da Área Metropolitana estean todos os concellos

Abel Caballero enviará unha carta á Xunta de Galicia advertindo das "disfuncións técnicas" que detectou no borrador de lei de área metropolitana que recibiu o pasado venres. Entre outros, Caballero trasladará ao goberno autonómico a necesidade de rectificar os membros do comité de transporte no que deberían estar todos os concellos, tal e como pactaron os rexedores.

martes, 8 mar 2016
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá o envío dunha carta á Xunta advertindo das "disfuncións técnicas" detectadas no borrador de lei de Área Metropolitana que recibiu o pasado venres. Entre outras cuestións, o rexedor cualifica de imprescindible que o comité de transporte acolla a todos os concellos, tal e como pactaron os alcaldes.

Caballero, quen anunciou que vai chamar aos seus homólogos para comentar estes asuntos, explicou que o borrador non da tratamento a Vigo de capital de provincia, tal e como se lle solicitara e establece catro vicepresidencias, das que ningunha pode ser da mesma cor política que o presidente, unha proposta que Caballero non comparte.

En todo caso, o alcalde de Vigo aclara que cree que o proxecto "xa está maduro" para poder ser aprobado en cada Concello, para poder proseguir co procedemento lexislativo.