Escoitar

O Concello aumentará as bolsas de inglés para os alumnos que non poideron viaxar no 2013

O alcalde de Vigo ratificou esta mañá o compromiso de que todos os alumnos que non poideron gozar da súa bolsa de inglés en 2013 poidan viaxar este ano ou o próximo. Con tal obxectivo, aumentaránse as 150 prazas previstas para poder atender as 300 solicitudes recibidas. Hai tres anos, o goberno local foi obrigado pola oposición a retirar dos orzamentos estas bolsas de idiomas.

luns, 7 mar 2016
O alcalde de Vigo avanzou hoxe luns que o número de estudantes de bachelelato que solicitaron unha bolsa de inmersión lingüística ascende a 300, mentres que a oferta do Concello é de 150 prazas, polo que o Concello traballa na fórmula para incrementar esas bolsas. Trátase, lembrou o rexedor, dos alumnos que non poideron viaxar cando lles correspondía porque a oposición obrigou ao Goberno local a retirar a correspondente partida do orzamento. O rexedor anunciou, en todo caso, que a súa vontade é que todos estes alumnos poidan gozar neste curso ou no que ven da bolsa que lles correspondeu no seu momento.

Outros 420 alumnos da ESO viaxarán en setembro, aos que se suman os 47 da Escola Oficial de Idiomas aos que o rexedor saudará esta tarde e que parten neste mes de marzo. Tal e como lembrou o rexedor, o Concello oferta un total de 617 prazas ás que adica preto de 1,5 millóns de euros.