Escoitar

O Concello celebra o Día Internacional da Muller con exhibicións de deportistas no Mar de Vigo

O alcalde indicou este martes que "queremos amosar o noso apoio total ao deporte feminino" e "non soamente hoxe". O goberno local programa para esta tarde no Auditorio Mar de Vigo un "gran encontro con centos de mulleres deportistas" que farán exhibicións de taekwondo, baile deportivo, esgrima, ximnasia acrobática e artística.

martes, 8 mar 2016
O Concello de Vigo celebra na tarde deste martes o acto central organizado polo Día Internacional da Muller no Auditorio Mar de Vigo. Baixo o título "Deportistas pola Igualdade", o goberno programa un encontro con entidades e deportistas co que "amosar o noso apoio total ao deporte feminino", aseverou Caballero, e "non soamente hoxe senón tódolos anos nos que siga de alcalde".

Este "gran encontro" no Mar de Vigo ofrecerá exhibicións de deportistas de varias modalidades: taekwondo, baile deportivo, ximnasias acrobática e artística, e esgrima, onde "temos grandes campioas en España".