Caballero avanza que o responsable do vertido no Lagares recibirá a sanción correspondente
Na mañá deste venres apareceu unha mancha de hidrocarburos en augas do Lagares, en concreto na lagoa onde nace o río, que recibe auga de Redondela. O alcalde informou de que tanto a brigada municipal de medio ambiente como a Policía están contendo con barreiras a vertedura para evitar a súa expansión mentres se estuda a procedencia da mesma.
Este venres pola mañá apareceu un vertido de hidrocarburos no río Lagares, en concreto, no lago onde nace o río, á altura do aeroclub. Segundo explicou Abel Caballero, esa lagoa "ten alimentación desde unha zona de Redondela e nela apareceu a mancha de fuel", de maneira que a mancha procede dun dique desa zona.
Nestes momentos, tanto a brigada municipal de Medio Ambiente, como a concelleira da área e a Policía están traballando na aplicación de barreiras de contención para evitar que a mancha se expanda. Xa se recolleron mostras que foron enviadas a Augas de Galicia para que sexan analizadas mentres se investiga a orixe da vertedura.
O alcalde expresou a súa confianza na localización da procedencia do vertido e sinalou que, tras as análises, procederase á sanción correspondente aos responsables do mesmo.