Caballero entregou a copa de campión ao VGO Basket, que ascendeu á Liga EBA de baloncesto
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu ao VGO Basket, campión de 1ª División Autonómica e que por segundo ano consecutivo logrou o ascenso á Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto masculino estatal.
Na sala de xuntas do goberno municipal, o vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, Alberto Zato, e o edil entregaban as medallas de campións aos xogadores, mentres que o alcalde da cidade facía entrega da copa de campión ao capitán do equipo vigués.
Caballero felicitou un a un a xogadores e membros da xunta directiva e amosoulles o seu apoio para a nova tempada en categoría estatal. O presidente do club expresou o seu desexo de facer un proxecto para manterse e sempre enfocado aos novos valores saídos da área metropolitana.
Descargar todas as imaxes