O Concello apoia o concerto solidario que Manu Escudero ofrece o sábado no Teatro García Barbón
O músico vigués Manu Escudero ofrecerá o sábado 21 de maio no Teatro García Barbón un concerto solidario no que presentará o seu segundo disco, Caminando, e no que contará coa compañía de Cómplices sobre o escenario. Os beneficios serán para as asociacións de enfermos de fibrosis quística e ELA.
O próximo sábado 21 de maio, ás 20,00 h, o cantante Manu Escudero presentará o seu segundo disco no Teatro García Barbón. No estreo de "Caminando", este músico vigués contará coa compañía de Teo Cardalda e María Monsonis, Cómplices, que queren apadriñar esta gala da solidariedade. Os beneficios do concerto irán destiñados á favor das asociacións de doentes de enfermidades raras como son AgaELA (Asociación gallegos de ELA) e a Asociación Galega de Fibrosis Quística. De feito, un dos temas incluidos neste novo disco é "Algo raro se move", tema oficial para a campaña deste 2016, ano mundial das Enfermidades Raras.
Na rolda de prensa de presentación do concerto, a concelleira de Festas, Ana Laura Iglesias, animou a todo Vigo a acudir a esta cita solidaria coa música tendo en conta, ademais, que os asistentes coooperarán con dúas boas causas. A edil estivo acompañada polo artista, Manu Escudero, ademais de Juan Dasilva, presidente da Asociación Galega de Fibrosis Quística e Raquel Rodríguez, representante do colectivo que defende aos enfermos de ELA.
Descargar todas as imaxes