O Concello apoia o concerto solidario que Manu Escudero ofrece o sábado no Teatro García Barbón
O músico vigués Manu Escudero ofrecerá o sábado 21 de maio no Teatro García Barbón un concerto solidario no que presentará o seu segundo disco, Caminando, e no que contará coa compañía de Cómplices sobre o escenario. Os beneficios serán para as asociacións de enfermos de fibrosis quística e ELA.