Estrea documental "O Piloto" de Xosé Reigosa

luns, 2 mar 2015

O martes día 3 de marzo, ás 20:00 h estrease no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) o documental "O Piloto", realizado por Xosé Reigosa e con guión de Alfonso Eiré; o acceso é con entrada libre ata completar aforamento.

O festival de teatro alternativo de Vigo ALT organiza unha festa marathon

venres, 27 feb 2015

O domingo 1 de marzo, o 14º Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ofrecerá unha programación especial adicada ao traballo da compañía VOADORA. Presentaranse en varios espazos da cidade parte dos espectáculos que marcaron a traxectoria da compañía.A partir de 16h en Casa de Arínes, Auditorio do Concello e Auditorio Afundación. Haberá un bus que traslade ao público dun sitio para outro e os traslados tamén serán aproveitados pola compañía para realizar fotogramas da peza Super 8. O ALT está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos. <br /> <br />

"Vigo é música" no Auditorio Municipal

martes, 24 feb 2015

O mércores 25 de febreiro ás 20,00 h terá lugar no Auditorio Municipal "Vigo é música", espectáculo creado polo Cuarteto Caramuxo a petición da Fundación Vigueses Distinguidos e o Concello de Vigo no que o grupo pasa polo seu persoal xeito de interpretar a música cun repertorio de pezas nas que a cidade de Vigo é a protagonista.Entrada de balde ata completar aforo<br />

Caballero di que o Canto das Illas "será un espectáculo único na historia da cidade"

martes, 17 feb 2015

O alcalde compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado dunha nutrida representación dos artistas que interveñen no Canto das Illas, un espectáculo que se vai representar os días 20, 21 e 22 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo. Caballero cualificou de "única na historia da cidade" unha iniciativa municipal, promovida para promocionar As Illas Cíes como patrimonio da humanidade da Unesco.

Comeza o "ENTROIDO 2015"

xoves, 12 feb 2015

O venres día 13 comeza a programación do ENTROIDO 2015 na Porta do Sol coa "Entronización do MECO" ás 20:00 h, o pregón a cargo de MARIO VAQUERIZO, ás 20:15 h, para finalmente dar paso á actuación do grupo NANCYS RUBIAS.

"A máquina de escribir. Colección Sirvent" nova exposición da Casa das Artes

mércores, 11 feb 2015

O xoves, 12 de febreiro, inaugúrase ás 20:00 h na planta baixa da Casa das Artes a exposición "A máquina de escribir. Colección Sirvent". Promovida pola Concellería de Cultura, Festas e Museos e comisariada por Alfredo Sirvent e Mónica Maneiro, permitirá ao espectador achegarse ao universo da máquina de escribir en relación á súa importancia histórica no desenvolvemento do mundo da industria e o traballo.