A rúa Príncipe acollerá unha exposición de 38 fotografías de Sebastiao Salgado
Entre o 23 de febreiro e o 23 de marzo a rúa Príncipe acollerá a exposición de Sebastiao Salgado "Génesis Arte en la calle", unha mostra que selecciona 38 imaxes dunha mostra formada por 245 fotos deste autor brasileiro, fillo dun emigrante galego.
O goberno local autorizou esta mañá a ocupación de parte da rúa Príncipe para albergar a exposición Sebastiao Salgado "Génesis Arte en la calle, promovida pola Obra Social La Caixa. Trátase dunha selección de 38 imaxes dunha mostra que reúne 245 documentos gráficos en branco e negro que o autor captou en máis de trinta viaxes por todo o mundo. O autor, brasileiro e fillo dun emigrante galego, é un dos artistas fotográficos máis recoñecidos.
Na mesma Xunta de Goberno local deuse luz verde á constitución das comisións de selección de beneficiarios da primeira quenda do programa municipal Vigo Emprega, que serán elixidos nun prazo dunha semana. O Concello adica 869.000 euros para a primeira parte do programa, orzamento que permitirá a contratación de 128 profesionais de distintos campos: auxiliares administrativos, capataces, oficiais albañís, carpinteiros, fontaneiros, xardineiros, peóns xardineiros-forestais e da construción, entre outros.
O persoal beneficiario do programa municipal -que procede do Servizo Público de Emprego- será preferentemente de colectivos con dificultades de inserción laboral, como discapacitados, menores de 30 anos e maiores de 45, mulleres e parados de longa duración.
Caballero avanzou que os traballadores e traballadoras contratados farán obras útiles para a cidade, como a construción de beirarrúas, limpeza de maleza en parroquias, melloras no Parque Central e en zonas verdes. O rexedor vigués fixo especial fincapé nas reformas que acometerá o persoal do "Vigo Emprega" en colexios, como por exemplo ampliación de comedores escolares e o acondicionamento dos baños nos colexios Balaidos, Eduardo Pondal, Santa Tegra, Carballal, Pardo Bazán, Carrasqueira, Valadares Igrexia, Lope de Vega, Vicente Risco, Escultor Acuña e Canicouva.