venres, 24 feb 2017
A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén a explotación dos quioscos en once areais vigueses, que funcionarán entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, e o mantemento da calefacción e auga quente nos colexios públicos cun importe de 130.000 euros. O alcalde engadiu que o Concello destina case 4 millóns de euros ao mantemento ordinario destes centros. <br />
venres, 24 feb 2017
O alcalde ensalzou a calidade de La Edad de Oro del Pop Español e Sidonie, os dous grupos que abrirán o Entroido vigués con sendos concertos na Porta do Sol, ás 21h e ás 23h respectivamente. Este sábado, o desfile de comparsas e carrozas partirá do nó de Isaac Peral ás seis da tarde.
venres, 24 feb 2017
O Museo Nacional del Prado e o Concello presentaron hoxe venres a exposición "Hoxe toca o Prado", que se inaugurou na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego, baixo o patrocinio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE. A exposición, accesible para persoas con discapacidade visual, permanecerá aberta ao público ata o 14 de maio.
venres, 24 feb 2017
O próximo luns 27 de febreiro comeza o prazo de inscrición nas actividades do Camiño a Camiño, que se desenvolverán nos meses de marzo e abril. Este ano, incluirán novidosos percorridos medioambientais e cursos de formación. <br />