Escoitar

O Museo del Prado faise accesible a persoas con discapacidade visual na Pinacoteca

O Museo Nacional del Prado e o Concello presentaron hoxe venres a exposición "Hoxe toca o Prado", que se inaugurou na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego, baixo o patrocinio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE. A exposición, accesible para persoas con discapacidade visual, permanecerá aberta ao público ata o 14 de maio.

venres, 24 feb 2017
1487943695Prado.JPG
A Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego acolle desde este venres a exposición "Hoxe toca o Prado", unha mostra accesible a persoas con discapacidade visual que foi presentada esta mañá coa presenza do alcalde, do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, ademais de representantes do Museo Nacional del Prado, da Fundación AXA e da ONCE. A exposición presenta reproducións en relevo dalgunhas das pinturas máis representativas do Museo Nacional del Prado. Son o Noli me tangere, de Correggio; A Gioconda, do taller de Leonardo da Vinci; A Fragua de Vulcano, de Velázquez; O cabaleiro da man no peito, de El Greco; o Bodegón con alcachofas, flores e recipientes de vidro, de Van der Hamen, e A antuca, de Goya. Móstrase tamén a reprodución dunha obra dos fondos municipais do Museo "Quiñones de León": Santa Cecilia, atribuida a Carlo Dolci.

Unha audioguía ofrece as indicacións necesarias para facer o percorrido táctil das pezas expostas. A exposición conta, así mesmo, con paneis e cartelas en braille. É, polo tanto, especialmente accesible a persoas con algún tipo de discapacidade visual. Ademais, ofrécense lentes opacas —que impiden a visión— para facilitarlles esta interesante experiencia sensorial a todos os visitantes da exposición.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 14 de maio.
Descargar todas as imaxes