Caballero eloxiou a "extremada sensibilidade" de Sebastiâo Salgado na inauguración de Génesis
O alcalde participou esta mañá na presentación de Génesis, Arte en la calle, un proxecto de Sebastiâo Salgado que recolle os oito anos que explorou a beleza da natureza en todo o mundo. Trinta oito imaxes deste fotógrafo brasileiro estarán instaladas na rúa Príncipe ata o próximo 22 de marzo.
O alcalde destacou a "extremada sensibilidade" e a "capacidade de emocionar" da obra de Sebastiâo Salgado recollida na mostra Génesis, arte en la calle, un mosaico froito de oito anos de exploración na natureza de distintas zonas do planeta ás que non "chego o brazo humano". Caballero participou esta mañá na inauguración desta mostra, na que tamén estiveron presentes o director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Arthur Benhamou, o representante da obra de Sebastiao Salgado en España, Miguel González e máis o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez.
Esta mostra é o terceiro proxecto ao longo prazo que deseña Salgado sobre temas globais, logo das iniciativas Trabajadores e Éxodos. Se nestes dous proxectos retratou a condición humana e evidenciou as desigualdades do mundo actual mediante unha linguaxe plástica persoal, en Génesis pon o foco no mundo natural e no seu impacto nos recursos naturais do planeta. Durante a presentación, Caballero invitou ao fotógrafo -a través do seu representante en España- a visitar e fotografar as Illas Cíes, un paraíso natural no que o ser humano tampouco deixou a súa pegada.
Génesis permanecerá na rúa Príncipe ata o próximo 23 de marzo.
Descargar todas as imaxes