O alcalde subliña que o Concello sostén case integramente os museos Liste e MARCO
A Xunta de Goberno Local aprobou as transferencias de financiamento ao Museo Liste (90.000 euros) e ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (605.000 euros). Caballero explicou que o MARCO "está financiado practicamente na súa totalidade polo Concello" e denunciou que a Xunta "só" achega 100.000 euros e o Goberno de España, 35.000.
O goberno de Vigo validou este venres as transferencias de financiamento a dous museo da cidade para o seu funcionamento neste ano. Así, informou Abel Caballero, o Concello achega 90.000 euros ao Museo Liste-Etnográfico de Vigo -cantidade que é prácticamente o 100% do seu orzamento- e outros 605.000 euros ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).
A este respecto, o alcalde vigués valorou que o museo sito na rúa do Príncipe "está financiado prácticamente na súa totalidade polo Concello" e censurou que a Xunta de Galicia achegue "só" 100.000 euros e o Goberno de España, 35.000. Denunciou Caballero a "desatención" da Xunta á rede museística viguesa.
O rexedor criticou que o goberno galego adique "millóns e millóns á Cidade da Cultura de Santiago" e manifestou que a cultura en Galicia non está únicamente na capital senón nos máis de trescentos municipios galegos. Engadiu que, destes, "o mais grande é Vigo, polo tanto xa vai sendo hora de que a Xunta de Galicia faga unha asignación orzamentaria acorde ao que é a cidade de Vigo".
Inglés
A Xunta de Goberno Local deste venres aprobou tamén o expediente de contratación dos servizos do programa "Vigo en Inglés", para incrementar noutras 87 vacantes as bolsas de estudos no estranxeiro que oferta o Concello a estudantes da ESO.
Para este 2017, recordou Abel Caballero que o goberno que preside ten outras 570 prazas para Secundaria e 92 máis para alumnado da sede viguesa da Escuela Oficial de Idiomas. Así, o Concello de Vigo dispón este ano de 749 bolsas cun investimento superior aos 1,6 millóns.