Mostrarte exhibe nas dependencias de Alcaldía as acuarelas do artista Rafael Alonso
As paredes da Alcaldía lucirán nas próximas semanas as obras de Rafael Alonso, un dos mestres da acuarela contemporánea. Caballero, durante a inauguración, eloxiou a técnica e a sensibilidade da obra e explicou que é a primeira vez que se exhibe esta colección ao completo, dando forma a unha exposición que serve para manter vivo o recordo do artista. Unha vez máis, Mostrarte colaborara coa divulgación da expresión artística na nosa cidade.