xoves, 14 mai 2015
O goberno de Vigo, a través da Concellería de Cultura, Festas e Museos, prorroga a exposición "Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego", conmemorativa do centenario do seu nacemento, que se desenvolve na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez, 8). A mostra estará aberta ao público ata o domingo 28 de xuño.
mércores, 13 mai 2015
O centro de Artesanía Tradicional -CAT- programa para o mércores 13 de maio ás 20.00 horas un novo "Faladoiro Artesán". Nesta ocasión, a creadora Idoia Cuesta falará sobre "A cestería contemporánea".
venres, 8 mai 2015
O alcalde, Abel Caballero, e a vicedirectora do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Marta Vélez, presentaron este venres a terceira edición destes concertos, ofrecidos polo alumnado do centro musical no propio auditorio do Conservatorio e no Auditorio do Concello de Vigo. As entradas, de balde ata completar aforamento.
xoves, 7 mai 2015
O Concello de Vigo abre este xoves o novo Centro de Arte Fotográfica de Vigo, ubicado na praza de Eduardo Chao, no Casco Vello, e o alcalde invitou á cidadanía a coñecer o novo recinto cultural coa mostra inaugural "Vigo, unha cidade retratada", "a aproximación á cidade de Vigo a través das fotografías do Arquivo Pacheco", subliñou Caballero, aberta ata o próximo 17 de agosto.
martes, 28 abr 2015
O alcalde participou este martes na presentación de distintos eventos culturais que terán lugar na cidade en próximas datas: o Festival Internacional da Danza, Vigo Un Mar de Corais e Vigo Un Mar de Bandas -que comezan o sábado-, e ViKul, o encontro internacional de danza urbana de Vigo, do 12 ao 19 de xullo. Caballero manifestou o seu "agrado" por este "modo de entender a cultura na cidade".
xoves, 23 abr 2015
Esta fin de semana, o programa municipal de artes escénicas no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), Vigocultura, celebra o Día Mundial da Danza(29 de abril) con dous espectáculos.O venres 24 de abril, ás 21 horas, Teresa Nieto realizará un pase de "Petí Comité" e o domingo 26 de abril, ás 18 horas, a compañía Entremans achegar ao público infantil o seu espectáculo "Xoga".
xoves, 23 abr 2015
O venres, 24 de abril, ás 20:00 h, a Fundación Laxeiro (r/ Policarpo Sanz, 15, 3º andar) presenta a exposición individual titulada "A caza", de Elena Fernández Prada (León, 1971). O proxecto enmárcase dentro da investigación que a artista leva realizando nos últimos anos sobre os procesos de representación figurativa e a súa descontextualización.
mércores, 22 abr 2015
Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) podese ver a exposición "Centenario de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Constructor dunha cidade de libros (Tui, 1915-Vigo, 1985)", organizada pola Fundación Penzol coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.
mércores, 22 abr 2015
o xoves 23 de abril, 54 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.000 volumes relacionados con diferentes disciplinas. En Vigo, a solta de libros comezará ás 11.00 fronte á fachada principal do MARCO, R/ Príncipe.
xoves, 16 abr 2015
Este xoves 16 de abril, ás 20:00 h, terá lugar na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a apertura da exposición "M-eu-mar" de Xan Vieito, promovida pola Concellería de Cultura, Festas e Museos.