Exposición eclectiCIDADE

martes, 11 ago 2015

eclectiCIDADE é o nome que dá título a un ciclo de tres exposicións que se desenvolven simultáneamente no Verbum-Casa das Palabras,na Casa Galega da Cultura e na Casa das Artes de Vigo durante o mes de agosto.

O alcalde asegura que Vigo ten como obxectivo contar cunha Escola Superior de Danza

xoves, 30 xul 2015

Abel Cabalero avanzou este xoves que Vigo ten como un dos seus obxectivos contar cunha Escola Superior de Danza dada a calidade e a elevada afección que existe na cidade. Logo de manter un encontro coa directora de Danza Pasiños, o alcalde comprometouse a contar cos alumnos deste centro nas actividades lúdicas e culturais que organiza o Concello e animou a todos os centros da cidade a a incorporarse a esta iniciativa.

Inauguración exposición "Vigo. Paisaxes doutra época" na Pinacoteca Municipal

xoves, 16 xul 2015

O xoves día 16 de xullo, ás 20:00 h, inaugúrase na planta baixa da Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez, 8) a exposición "Vigo. Paisaxes doutra época", unha produción da Concellería de Cultura , comisariada por José Ballesta de Diego, director do Museo Municipal "Quiñones de León" do Pazo de Castrelos.

Programación MUSEO LISTE-ETNOGRÁFICO DE VIGO e mailo CAT_terceiro trimestre

xoves, 2 xul 2015

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería da Área de Cultura, presenta a súa programación para o terceiro trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e actividades especiais.

Feira do Libro Novo Vigo 2015

xoves, 2 xul 2015

O venres día 3, ás 13 horas terá lugar a inauguración da Feira do Libro Novo de Vigo coa lectura do pregón a cargo da escritora viguesa, Ledicia Costas. A feira celebrarase ata o 12 de xullo na rúa Progreso.

Comezan os concertos no escenario da rúa Londres ás 23h con Miguel Lamas Cuarteto

mércores, 1 xul 2015

XOVES 2 DE XULLO
- 11:00h. Academia de Sons. Obradoiro con Çe Orquestra Pantasma."Aprendices de nenas e nenos orquestra". Salón de actos do MARCO. Previa inscrición
- 21:00h. Ohad Talmor Trio. Auditorio Municipal do Concello. Entrada: 5 euros
- 23:00h. Miguel Lamas Cuarteto. Rúa Londres. Entrada libre.O saxofonista Ohad Talmor o xoves 2 de xullo en concerto en Imaxina Sons

Axenda Imaxina Sons'15 do día 29 e 30 de xuño

luns, 29 xuñ 2015

LUNS 29 DE XUÑO
11:00 h. Academia de Sons. Obradoiro "Improvisando". Impartido por
L.A.R. Legido. Salón de actos do MARCO. Previa inscrición
21:00 h. LAR Legido. Performance sonora para batería e formigoneira.
MARCO.. Entrada: 3 euros
MARTES 30 DE XUÑO
11:00 h. Academia de Sons. Obradoiro "Sonobotánica. As plantas tamén
soan". Impartido por Eli Gras. Salón de actos do MARCO. Previa inscrición
21:00 h. Gil Dionísio. Performance sonora para batería e formigoneira.
MARCO. Entrada: 3 euros