Escoitar

O alcalde esixe o acceso gratuíto á exposición do Pergamiño Vindel situada no Museo do Mar

Abel Caballero criticou hoxe venres á Xunta de Galicia por cobrar 3 euros para acceder á mostra das Cantigas de Martín Códax aberta ao público no Museo do Mar desde o pasado pasado martes. En rolda de prensa, esixiu a gratuidade desta visita nunha cidade na que o acceso a todos os museos municipais é de balde.

venres, 13 out 2017
Todos os interesados en visitar a exposición do Pergamino Vindel ubicada no Museo do Mar deben aboar 3 euros, segundo criticou esta mañá o rexedor quen asegurou descoñecer esta información o día que foi inaugurada a mostra, o pasado día 10 de outubro. Unha vez coñecido este cobro, o rexedor esixiu á Xunta a gratuidade do acceso a unha mostra que permitirá aos vigueses reencontrarse coa carta fundacional das súa cultura e da súa lingua. Na súa opinión, a Xunta engana aos vigueses asegurando que a mostra é de balde, ao tempo que esixe 3 euros para acceder ao museo. Trátase dun eufemismo para poder cobrar entrada, dixo, lembrando que en Vigo o acceso a todos os museos municipais é de balde.