venres, 26 xuñ 2015
O festival desenvólvese até o 4 de xullo. O concerto de apertura de Imaxina Sons 2015 ten lugar no Auditorio Municipal do Concello o venres 26 de xuño ás 21h e con el arrancan 9 días de música ao vivo na cidade coa presenza de figuras internacionais como Marc Ribot e a estrea da Orquestra de Jazz de Galicia.
mércores, 24 xuñ 2015
O domingo 28 de xuño, clausúranse as exposicións temporais que se veñen ofertando no Verbum-Casa das Palabras "A Outra Cara de África" e na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego "MARIO F. GRANELL. Morte e reencarnación dun pintor galego".
martes, 23 xuñ 2015
Obradoiro no que os participantes poderán coñecer os rudimentos da fotografía e facer percorridos titorizados pola zona histórica sacando o mellor partido ás súas cámaras. O curso pretende introducir aos alumnos no mundo da fotografía dun xeito didáctico e participativo, coñecendo as bases da linguaxe fotográfica.
martes, 23 xuñ 2015
A décimo primeira edición de IMAXINASONS, Festival de Jazz de Vigo está en marcha! Do 26 de xuño ao 4 de xullo en diferentes espazos da cidade. O festival abrirá o 26 coa cantante portuguesa Maria Joao e o seu disco "Ogre" e o sábado 4 a Orquestra de Jazz de Galicia presentarase no festival
venres, 12 xuñ 2015
O alcalde invitou esta mañá a todo Vigo a achegarse ao MARCO ata o próximo 27 de setembro para gozar da exposición Luis Seoane Retrato de Esguello. A mostra está composta por 300 obras, representativas da traxectoria deste "poliédrico, polivalente e xenial" artista, dixo o rexedor na rolda da prensa.
luns, 1 xuñ 2015
Coa participación do alcalde de Vigo, este luns tivo lugar a presentación da undécima edición do Festival de Jazz de Vigo, que terá lugar do 26 de xuño ao 4 de xullo en distintos espazos da cidade. Imaxina Sons presenta este ano unha ampla proposta de jazz galego, xunto a artistas internacionais de renome como Maria João e Marc Ribot.
venres, 29 mai 2015
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, augurou unha "existosa" IV edición do Festival Primavera de Cine en Vigo que arranca o próximo 2 de xuño. Este ano dóbrase a cantidade de filmes exihibidos e, por primeira vez, inclúese unha mostra de películas lusófonas.
mércores, 27 mai 2015
O mércores 27, ás 18.00 horas terá lugar na sede do Museo Liste-Etnográfico de Vigo unha nova proposta dentro do programa "Xornadas para a comunicación"
venres, 15 mai 2015
Unha vez máis, o MARCO súmase a celebración do Día Internacional dos Museos e ofrece unha programación especial na fin de semana do 15 e 17 de maio, con actividades para públicos de todas as idades, xunto coas exposicións que nesas datas se exhiben en salas.<br />
venres, 15 mai 2015
Museo Etnográfico de Vigo oferta, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional dos Museos, a súa semana de portas abertas con entrada de balde, do 12 ao 18 de maio.<br />