xoves, 16 abr 2015
O alcalde presentou este xoves o ciclo de concertos "430de10" que programa a Orquesta Vigo 430 coa colaboración do Concello de Vigo polo seu décimo aniversario. Caballero eloxiou este proxecto "excepcional" xurdido dos ámbitos musicais da cidade e apuntou que os cinco concertos organizados, comezando este domingo, 19 de abril, buscan "un aínda maior acercamento" aos vigueses ao celebrarse en distintas localizacións: o García Barbón, o Auditorio Mar de Vigo, o MARCO e a ESAD.
xoves, 9 abr 2015
Dende o pasado día 20 de marzo e ata o 22 de maio, estase a desenvolver no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) a programación de artes escénicas "Vigocultura", dirixida tanto a público adulto (venres) como a público familiar (domingos), organizada dende a Concellería de Cultura, Festas e Museos.
mércores, 8 abr 2015
A Concellería de Cultura, Festas e Museos ven de promover dúas novas exposicións temporais que ofertan visitas guiadas, ben de forma presencial, ou ben mediante inscrición previa no servizo de Atención Cidadá (010 ou 986.810.260 se chama fóra de Vigo).
mércores, 1 abr 2015
O Verbum-casa das Palabras (Avda de Samil, 17) acolle a exposición "A outra cara de África", promovida pola Asociación de Emigrantes Senegaleses residentes en Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos. A Exposicion que se poderá visitar ata o 28 de xuño amosa aspectos na vida da cultura de África.<br />
mércores, 1 abr 2015
O domingo 5 de abril terá lugar o segundo dos concertos deste ciclo de música que terá lugar na igrexa de María Auxiliadora ás 20.30 horas. Este segundo concerto enmarcado nas datas de semana santa serve para reflexionar a capacidade da música como válvula de escape nun momento de dor e opresión extrema.
martes, 31 mar 2015
O Museo de Castrelos acolle a exposición "Estraño e cotián. A colección de Artes Decorativas do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León", promovida pola Concellería de Cultura, Festas e Museos. Esta exposición recupera unha serie de obxectos da colección de artes decorativas do Museo Municipal de Vigo, obras que teñen relación coa convivencia diaria das persoas e que, na súa maior parte, chegaron ao museo fóra do seu contexto orixinal.
venres, 27 mar 2015
A Concellería de Cultura, Festas e Museos colabora coa Orquestra Clásica de Vigo no ciclo de concertos "Música e Resistencia", onde se tratarán as obras de distintos compositores desde un punto de vista temático. O fío condutor que aborda a música como elemento xerador de identidade en tres escenarios posibles.Co gallo da celebración da Reconquista da Vila de Vigo, o ciclo comeza o día 28 de marzo, ás 21.00 horas, na Colexiata, con dúas obras que fan referencia a este momento histórico fundamental para a nosa cidade.
martes, 24 mar 2015
A Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá o sábado 28 de marzo o primeiro dos tres concertos programados dentro de "Música e Resistencia". Será ás 21,00 h na Colexiata, coa entrada libre ata completar o aforamento. O ciclo continuará o 5 de abril e o 1 de maio, na Igrexa dos Salesianos e no Teatro Afundación, respectivamente.
xoves, 19 mar 2015
O xoves, 19 de marzo, ás 20:00 h, terá lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), a inauguración da mostra "Romaría na Carballeira. O tempo de lecer dos nosos antergos", integrada nos actos da Reconquista da Vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.
xoves, 19 mar 2015
Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.