Vigo acolle unha conferencia do xefe de contidos didácticos do Museo do Prado
Este venres ás 20 horas, a Casa Galega da Cultura recibirá a Fernando Pérez Suescun, xefe de contidos didácticos da Área de Educación do Museo do Prado. A súa ponencia se enmarca na exposición "Hoxe toca o Prado", presente na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego ata o 14 de maio. <br />
Este venres 5 de maio, ás 20:00 h, terá lugar no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) unha conferencia a cargo de Fernando Pérez Suescun, xefe de contidos didácticos da Área de Educación do Museo Nacional del Prado, en relación coa exposición que se desenvolve na Pinacoteca Municipal FFR "Hoxe toca o Prado". A exposición é unha coprodución entre o citado museo e mailo Concello de Vigo, co patrocinio da Fundación AXA e a ONCE.
A exposición presenta reproducións en relevo dalgunhas das pinturas máis representativas do Museo Nacional del Prado. Son o Noli me tangere, de Correggio; A Gioconda, do taller de Leonardo da Vinci; A Fragua de Vulcano, de Velázquez; O cabaleiro da man no peito, de El Greco; o Bodegón con alcachofas, flores e recipientes de vidro, de Van der Hamen, e A antuca, de Goya. Móstrase tamén a reprodución dunha obra dos fondos municipais do Museo "Quiñones de León": Santa Cecilia, atribuída a Carlo Dolci.
Unha audioguía ofrece as indicacións necesarias para facer o percorrido táctil das pezas expostas. A exposición conta así mesmo con paneis e cartelas en braille. É, polo tanto, especialmente accesible a persoas con algún tipo de discapacidade visual. Ademais, ofrécense lentes opacas —que impiden a visión— para lles facilitar esta interesante experiencia sensorial a todos os visitantes da exposición.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 14 de maio.