Caballero aplaude o "peso singular" da XII Carreira Feminina El Corte Inglés
O alcalde de Vigo asegurou que a décimo segunda edición da Carreira Feminina El Corte Inglés, fixada para o vindeiro 4 de xuño (11:00 horas), "é un fito que ademais marca a entrada do verán" a efectos atléticos.
A proba, que ambiciona acadar as 2.000 mulleres participantes tras chegar a contar con 1.500, dispútase este ano sobre un circuíto de 5 quilómetros coa saída habitual ante os grandes almacéns, para baixar ata García Barbón e concluír finalmente ante o Náutico.
Organizada polo Corte Inglés e patrocinada polo Concello, que a publicitará en todos os seus complexos deportivos e nas pantallas urbanas, a carreira "ten un peso singular", sostivo o rexedor, que ademais aplaudiu o "elemento diferencial" que supón ser carreira exclusiva feminina e que, dixo, segue "con verdadeiro fervor" como espectador.
A carreira, cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de maio (6 euros na planta de Deportes do Corte Inglés e 7 euros en www.carrerafemeninadevigo.com), conta con numerosos apoios comerciais (Coca-Cola, Feiraco, Adeslas, Etnia Cosmetics, Santiveri...) o que Caballero destacou "nuns tempos difíciles".
Aínda que non é competitiva, haberá premio para a primeira en cruzar a meta, para a atleta máis veterana e a máis nova e para o grupo máis numeroso. O Náutico cede os vestiarios da súa piscina para que as atletas poidan ducharse trala exhibición final na explanada.
A edición de 2017 foi presentada hoxe no Corte Inglés por José Manuel Blanco, director de Marketing e Comunicación da firma, xunto co alcalde, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e as empresas que apoian o evento.
Descargar todas as imaxes