O alcalde anima a gozar da gastronomía no Mercado de Sabores
A cita gastronómica desenvólvese dende este xoves e ata o domingo na Estación Marítima de Vigo con degustacións, master class e exhibicións de tiraxe de cervexa. Na presentación do evento, Abel Caballero puxo en valor o papel da restauración na economía da cidade.
O rexedor participou este xoves na presentación do Mercado de Sabores onde manifestou o seu apoio á iniciativa por ser unha forma de "facer economía e facer cidade". Amais puxo en valor o sector da gastronomía pola súa "enorme capacidade de xeración de valor engadido, de penetrar na economía e de crear emprego".
Durante a presentación do programa desta edición, na que estivo acompañado do segundo tenente de alcalde, David Regades, de Enrique Sánchez, de Mahou, Emilio Gallego, presidente de la Federación Española de Hostelería, César S. Ballesteros, da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS), Caballero salientou o traballo dos "grandes chefs, homes e mulleres, que son "quen de facer da gastronomía arte cun mérito excepcional e que transmiten sensacións especiais a través dos seus produtos e cociñas".
O Mercado de Sabores conta nesta edición con 11 establecementos vigueses participantes: La Escama, Carboente, Maria Manuela, Pintxoteca, Carpinteria, Patouro, Consentida, Albatros, Ruxe Ruxe, Puro sushi, La Contenta, Manolo Mañanita e Maruja Limón e o compostelán A horta do obradoiro.
Descargar todas as imaxes