Escoitar

A Escola de Rock do concello portugués de Paredes de Coura chega ao Auditorio Municipal

Por segundo ano consecutivo, Vigo será a primeira parada do Tour de presentación da "Escola de Rock", proxecto promovido polo concello portugués de Paredes de Coura. Será mañá sábado, ás 18,00 h.

venres, 26 mai 2017
Coa colaboración do Concello de Vigo, mañá sábado 27 de maio, ás 18,00h, no Auditorio municipal de Vigo e con entrada libre, recalará na cidade a xira de presentación do exitoso proxecto "Escola do Rock de Paredes de Coura". A xira completarase con outras actuacións en Monçao (28 de maio) e Porto (3 de xuño -Serralves en Festa- e 28 de xuño -Casa da Música-), polo que a de Vigo será a única cita fóra de Portugal.

A Cámara de Paredes de Coura adiantou que estes espectáculos van servir de "quencemento" para a súa participación no festival de música que se vai desenvolver na praia fluvial do Taboão, do 16 ao 19 agosto deste ano, destacando a participación do presidente daquel concello, Vítor Paulo Pereira, e do vice-presidente, Tiago Cunha, no elenco de músicos da Escola do Rock .

En palabras dos responsables da Cámara municipal "No ano em que o emblemático festival celebra os 25 anos, cabe à Escola do Rock a abertura do palco principal com uma formação de cerca 40 jovens com idades entre os 13 e os 30 anos, que irão revisitar muitos dos clássicos do 'rock'n'roll', assim como temas de algumas das bandas que nos últimos anos passaram pelo Festival Paredes de Coura"

Este proxecto está promovido pola Cámara municipal de Paredes de Coura, e no concerto de presentación participan 46 músicos e 3 técnicos que, a través da execución dun repertorio de grandes éxitos do rock, demostrarán o aprendido nesta terceira edición desta actividade formativa que se desenvolveu no concello portugués no mes de decembro do pasado ano.