Escoitar

O Concello e a Deputación subvencionan O Marisquiño con 400.000 euros

A Xunta de Goberno local aprobou este xoves o convenio de colaboración do ente provincial e o Goberno de Vigo para o desenvolvemento do festival "O Marisquiño 2017", que se celebrará entre o 11 e o 13 de agosto.

xoves, 25 mai 2017
O alcalde salientou que "o Concello e a Deputación facemos un esforzo, sendo o ano que máis achegamos" ao festival e "estamos encantados" porque ten un "arraigo extraordinario e un rango internacional".

O convenio aprobado este xoves recolle que a Deputación financia o evento con 181.500 euros. o Concello fai unha achega de 218.500 euros á organización, o que suma un total de 400.000 euros entre as dúas institucións, nun acordo que é posible, segundo o rexedor, porque agora hai "unha Deputación que coopera coa cidade".