martes, 23 mai 2017
O alcalde de Vigo e o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, coincidiron esta mañá en defender a importancia de que Vigo teña conexión directa con Madrid por alta velocidade. En declaracións aos medios, Caballero reiterou que o Concello iniciará as mobilizacións cidadás para reclamar esta infraestrutura cun concerto da Coral Casablanca na Porta do Sol.
martes, 23 mai 2017
O alcalde defíneo como "excepcional" e "abocado ao éxito" logo de catro anos de traballo e asegura que está vivo polo que "seguiremos adiante" pese ao anuncio da Xunta de Galicia de presentar unha candidatura conxunta ante a UNESCO para as Illas Atlánticas.
martes, 23 mai 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegouse este martes ao Pazo de Castrelos, onde o Concello celebra unha Quedada Literaria na que tomaron parte 800 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria pertencente a once centros educativos da cidade.
martes, 23 mai 2017
Explicou Abel Caballero que o Concello difunde na cidade os vinte destinos do aeroporto de Vigo e ademais promociona a campaña #FLYTOVIGO, un concurso en redes sociais que premiará con dúas escapadas a foto máis creativa xunto aos carteis do mapa de rutas da cidade.