O Concello promove o aeroporto cun concurso de fotografía en redes sociais
Explicou Abel Caballero que o Concello difunde na cidade os vinte destinos do aeroporto de Vigo e ademais promociona a campaña #FLYTOVIGO, un concurso en redes sociais que premiará con dúas escapadas a foto máis creativa xunto aos carteis do mapa de rutas da cidade.
O Concello difunde o mapa de rutas do aeroporto de Vigo en carteis informativos da cidade, co obxectivo de que os vigueses e viguesas coñezan os vinte destinos nacionais e internacionais que se operan desde o aeroporto vigués este ano.
O alcalde anunciou que o goberno local promocionará os destinos desde Vigo cun concurso de fotografía en redes sociais. Os participantes teñen que facerse unha foto con algúns dos carteis informativos dispostos pola cidade e subila a Facebook ou Twitter de #FLYTOVIGO co hashtag #VigoConexionAlMundo, elixindo unha das cidades ás que se voa desde Peinador.
A foto máis creativa será premiada con dúas escapadas para dúas personas en avión a dous dos destinos -un nacional e outro internacional- cos que o aeroporto de Vigo ten conexión directa.
Día Nacional da Epilepsia
Mañá mércores Vigo vaise sumar á conmemoración do Día Nacional da Epilepsia, colaborando así coa Unión Galega de Epilepsia na súa petición. Para "apoiar as súas reivindicacións", o Concello de Vigo iluminará as fontes da rúa Aragón de luz laranxa, revelou Abel Caballero.