Escoitar

Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado de Manchester

O Concello convocou este martes un minuto de silencio ante a casa consistorial en manifestación de dó polo atentado perpetrado en Manchester na noite de onte. Vigo sumouse así á invitación da FEMP ás cidades para amosar a súa repulsa á violencia de calquera clase.

martes, 23 mai 2017
1495543678minutosilencio.jpg
O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou o seu sentimento ás familias dos falecidos e feridos en "este acto de barbarie" e expresou a solidariedade dos gobernos locais de España coas autoridades locais da cidade británica.

"A violencia contra os cidadáns non ten xamais unha xustificación e moito menos cando se trata de persoas tan novas", sinalou o alcalde. "Na nosa sociedade non teñen cabida estes actos nin ningún outro que leve manifestacións violentas, actos execrables e condenables contra os que habemos de loitar, tamén desde os gobernos locais, porque atentan directamente contra a nosa xente, contra o corazón das nosas cidades e os nosos pobos", engadiu Caballero.
Descargar todas as imaxes