Ángeles Ruibal canta a María do Carme Kruckenberg
O alcalde recibiu este mércores á cantante Ángeles Ruibal quen lle presentou o disco que vén de publicar no que rende homenaxe á poetisa musicando e interpretando a súa obra con catorce temas en galego e castelán. A cantante española, amiga da escritora María do Carme Kruckenberg, falecida no ano 2015, contou no seu novo álbum coa guitarra e dirección musical de Cuchús Pimentel.