Escoitar

O alcalde eloxia a figura de Alfonso Zulueta, "gran vigués, gran persoa, sempre do lado das causas da cultura"

Despois de achegarse ao cemiterio de Pereiró este xoves, Abel Caballero definiu a Alfonso Zulueta de Haz como un "defensor do mundo da cultura", un "gran vigués, unha gran persoa", que "tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade".

xoves, 29 xuñ 2017
1498750912zulueta.jpg
O alcalde de Vigo lamentou este xoves o pasamento de Alfonso Zulueta de Haz, "gran defensor do mundo da cultura", un "gran vigués, unha gran persoa". "Vaise un home que tanto fixo, que tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade", apuntou Caballero.

O rexedor vigués valorou o legado que deixou Zulueta de Haz desde a Fundación Penzol, da Editorial Galaxia ou do Consello da Cultura Galega, entre outras entidades culturais que presidiu. Caballero resaltou que en Vigo estivo "sempre do lado das causas da cultura".
Descargar todas as imaxes