O goberno de Vigo concede 1.947 achegas para alimentación, enerxía e vivenda
O alcalde deu conta hoxe xoves da resolución do Programa municipal de axudas a familias, dotado con 1.640.000 euros. Os beneficiarios das 1.947 achegas aprobadas este 2017 poderán pedir cita para recoller o seu cheque a partir do mércores 5 de xullo
O goberno local aprobou hoxe xoves a resolución do Programa municipal de axudas a familias para gastos de aloxamento, enerxía e alimentación. Tal e como explicou o rexedor, recibíronse 2.751 solicitudes, das que se concederon 1.947 e se denegaron 840. Respecto da distribución da partida orzamentaria -1.640.000 euros-, 408.509 euros son para alimentación, 316.000, para subministros e 876.000, para vivenda. A partir do mércores, 5 de xullo, os beneficiarios poden pedir cita para recoller a súa achega.
O Concello reserva 40.00 euros para eventuais recursos de solicitantes que, en caso de non esgotarse, súmanse ao programa contra desafiuzamentos, dotado con 842.000 euros. A inversión municipal en políticas de vivenda é de 2,5 millóns.
A Xunta de Goberno local tamén aprobou as subvencións a entidades deportivas para o desenvolvemento da súas respectivas actividades. O orzamento municipal para o deporte de base é de 750.000 euros -duplicouse nos últimos dous anos- e o número de entidades beneficiadas ascende a 169.
O rexedor deu conta, a súa vez, da proposta de contratación dos servizos de mantemento integral das instalacións de calefacción e auga quente nos colexios de Vigo, cun importe de 130.000 euros. Tamén se aprobou unha subvención de 37.000 euros para o Instituto de Estudios Vigueses, a única achega que recibe esta entidade.