O goberno de Vigo apoia á Sinfónica Vigo 430 na súa "excelente" programación deste ano
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este mércores na presentación dos concertos da orquestra, ciclo que comeza este 22 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo con Paquito D'Rivera. O director artístico da Vigo 430, Javier Escobar, revelou que o programa deste ano é o "máis ambicioso" dos presentados ata o momento e conta cun elenco de artistas invitados "do que podería presumir calquera orquestra europea"
A Orquestra Vigo 430 comeza o seu ciclo de concertos este 22 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo, con Paquito D'Rivera como artista invitado. A programación pechada ata o de agora, que conclúe o 14 de maio, se celebrará en distintos escenarios da cidade e oferta un calendario de concertos "excelente e diferente, un paso máis na progresión e no compromiso deste proxecto que xa é unha realidade marabillosa", en verbas do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez.
O edil de Cultura reiterou o "compromiso" do goberno de Vigo coa formación, un apoio "entusiasta" e "practicamente único". Rodríguez Escudero lamentou a ausencia de respaldo doutras administracións públicas a Vigo 430, unha orquestra que se está a converter en "referente" dentro e fóra deste territorio.
O director artístico da formación agradeceu ao goberno de Vigo "compartir a mesma ilusión que nós neste proxecto, a mesma filosofía que deu orixe ao mesmo e o obxectivo que temos". Javier Escobar debullou o ciclo de concertos da Vigo 430 e amosou o seu "orgullo" por ter o programa "máis ambicioso con diferencia" dos elaborados ata o momento pola Orquestra. Invitou a cidadanía a seguir o ciclo, que conta cun elenco de artistas invitados "do que podería presumir calquera orquestra europea".