O Concello levará a FITUR o "poderío medioambiental e turístico" das Illas Cíes
O alcalde manifestou este martes que "as Illas Cíes son o maior atractivo turístico que pode ter ningunha cidade" e serán o eixo central da presencia da cidade na Feira Internacional de Turismo. Caballero participou hoxe na presentación do Camiño de Santiago pola costa, que promocionará en FITUR a Deputación.
"Cremos que as Illas Cíes son o maior atractivo turístico que pode ter ningunha cidade", asegurou este martes Abel Caballero, cunha "enorme capacidade" de atraer visitantes a Vigo. O arquipélago vigués, o seu "poderío medioambiental e turístico", en verbas do alcalde, centrará a imaxe que Vigo proxecte este xoves en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que ten lugar en Madrid.
Xunto a outros rexedores da área de Vigo e á presidenta provincial, Caballero participou este martes en Samil na presentación da campaña que levará a Deputación de Pontevedra a FITUR, evento no que promocionará o camiño portugués pola costa. Na súa intervención, o alcalde vigués trasladou o seu recoñecemento á presidenta da Deputación, Carmela Silva, pola "idea de lanzar un proxecto novo, con contido, xenuino, cheo de historia, de tradición e con capacidade de unión".
Descargar todas as imaxes