O Concello investirá 250.000 euros nos accesos ao IES Rosais I
O alcalde comprometeu estas obras logo de manter unha reunión coa dirección do centro, que demanda unha solución ante os problemas de acceso tanto rodado como peonil ao recinto. Caballero sinalou que o Concello fará as obras ante "o abandono" dos centros públicos vigueses por parte da Xunta de Galicia. <br />
Abel Caballero mantivo un encontro este luns coa directora e a subdirectora do IES República Oriental do Uruguai – Rosais I a quen lles comunicou a realización dunha obra de infraestrutura para facilitar a entrada ao centro dos autobuses escolares que "dende hai corenta anos entran marcha atrás" no recinto do centro, segundo explicou.
Engadiu que o Concello xa cedeu un espazo para que os autocares puidesen realizar estas manobras de maneira que agora entran e xiran pero, coa obra, o acceso rodado poderá facerse de forma "digna, razoable e segura". Ademais, o Concello acometerá obras para o acceso peonil desde unha rúa contigua ao IES para o que dedicará "un cuarto de millón de euros" malia que esta é unha competencia da Xunta de Galicia cuxo "coñecido abandono dos centros públicos de Vigo ten o seu reflexo aquí".
Así, o Concello solicitará o permiso pertinente ao goberno autonómico para poder levar adiante a obra na súa acción de "atención ao centros públicos e concertados" da cidade, tal e como expuxo o rexedor.
Descargar todas as imaxes