Concerto de Airas Ensemble na Fundación Laxeiro

xoves, 12 xan 2017

Airas ensemble presenta o seu primeiro disco nun concerto no que interpretarán obras de Jesús Bal y Gay e Darius Milhaud, como unha pequena mostra do que se pode escoitar no seu primeiro CD.O Airas ensemble é un quinteto de vento, formado por solistas galegos, procedentes da NDR Radiophilharmonie Hannover, Bilbo Orkestra Sinfónika, European Chamber Players, Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra 430 de Vigo.

Inauguración expo "Circa 70. Lírica e deformación no cambio de era" na Pinacoteca

mércores, 21 dec 2016

A Concellería de Cultura presenta a exposición "Circa 70. Lírica e deformación no cambio de era", que se inaugurará o mércores 21 de decembro, ás 12:00 h, na Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego (r/ Abeleira Menéndez, 8), comisariada polo director do Museo "Quiñones de León", José Ballesta de Diego. A exposición reúne obras dunha serie de artistas galegos, maioritariamente traballando en Galicia e especialmente en Vigo, ao redor de 1970, practicando todos eles, desde diversos enfoques, unha linguaxe figurativa.

O alcalde felicita á mezzo soprano Nuria Lorenzo polo seu premio nun concurso nacional de Coros de Cámara

martes, 20 dec 2016

Caballero eloxiou esta mañá a traxectoria profesional da mezzo soprano viguesa Nuria Lorenzo que ven de alcanzar o terceiro premio nun concurso nacional como directora do Coro de Cámara Gli Appassionati de Vigo. Logo de manter un encontro na Alcaldia, Caballero explicou que este recoñecemento obtido en Burgos súmase a unha carreira profesional chea de éxitos coa que o Concello ten vontade de colaborar.

Vigo poderá descubrir os segredos dos Guerreiros de Xi'an nunha mostra organizada no Porto

venres, 16 dec 2016

Abel Caballero participou esta mañá na inauguración dunha exposición que descobre os segredos do conxunto escultórico dos Guerreiros de Xi'an. Baixo a organización de Faro de Vigo, Terracota Warriors. The army of the first emperor of China terá abertas as súas portas nas instalacións portuarias da Nave de O Tinglado ata o próximo 19 de febreiro. Vigueses de todas as idades gozarán dun impresionante conxunto escultórico, do xacemento arqueolóxico máis grande do mundo -datado no 211 antes de Cristo- e un dos máis complicados de ver, xa que estas valiosas pezas apenas saen de China.

"Sistemas dinámicos" de Samuel Castro.

xoves, 15 dec 2016

O artista Samuel Castro (A Coruña, 1981) presenta Sistemas dinámicos na Fundación Laxeiro, a súa primeiroa exposición individual en Vigo, en la que propón unha reflexión sobre as diferentes concepcións do Tempo, baseada na idea do cambio permanente ao que a arte non é allea.Inauguración<br /> 16 de decembro, 2016. 19.00h<br />

Inauguración exposición "Tecido crú II"

mércores, 14 dec 2016

Este xoves día 15 de decembro, ás 20:00 h, inaugurarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) a exposición "Tecido crú II", organizada pola Universidade de Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura.

Mostrarte enche de cor a Alcaldía de Vigo coas obras do mestre Antón Pulido

mércores, 7 dec 2016

Abel Caballero deulle unha moi especial benvida as obras de Pulido que durante as próximas semanas lucirán na Alcaldía de Vigo. Traballos de distintas épocas deste "grande" da pintura galega poderán ser visitadas durante as próximas semanas nestas dependencias municipais. Mostrarte leva moitos anos exhibindo a calidade artística da cidade pero faltaba Antón Pulido, imprescindible pola súa innegable calidade artística e polo seu compromiso con Vigo.