venres, 31 ago 2018
"Vigo, un mar de bandas", "Aulas de Música" e "Outono Lírico" son algúns dos programas musicais que acollerá Vigo ao longo de todo o ano 2018 grazas ao apoio municipal. Abel Caballero valorou a implicación do Concello na "mobilización cultural" da cidade.
xoves, 30 ago 2018
Caballero eloxiou esta mañá a calidade artística da Orquestra Vigo 430 e invitou a toda a cidade a acudir aos oito concertos que se ofrecerán nos próximos meses. A programación arranca o próximo 28 de setembro cunha actuación no Auditorio Municipal do Concello. <br />
venres, 10 ago 2018
Abel Caballero asistiu este venres ao Museo do Mar de Vigo para participar na celebración do 120 aniversario da construción do submarino de Sanjurjo. O alcalde destacou a importancia do inventor na historia industrial da cidade, así como a continuidade do legado que asumiron as seguintes xeracións da familia. No acto estiveron presentes preto de 200 descendentes de Sanjurjo.
venres, 10 ago 2018
O Concello de Vigo inaugurou na Pinacoteca a exposición "Catálogo de 1937. A colección de arte rexional na creación do Museo Quiñones de León", comisariada por Beatriz Liz de Cea e baixo a dirección técnica do director do museo, José Ballesta de Diego.
luns, 6 ago 2018
Abel Caballero avanzou este luns a programación dunha nova edición da "Noite Branca". A cita cultura celebrarase o vindeiro sábado, 11 de agosto, na Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo cun total de 39 visitas guiadas e 11 concertos en 12 puntos diferentes de actividades.
xoves, 2 ago 2018
O programa "Vigo en Festas" do Concello de Vigo reserva para este xoves as 23h a gran actuación de Raphael no Auditorio de Castrelos, con todo o papel vendido. Para facilitar a mobilidade dos espectadores, o goberno vigués pecha ao tráfico desde as tres da tarde o vial que cruza o parque.
luns, 23 xul 2018
Presentado este luns na Alcaldía, a iniciativa enmárcase no Verdoejo Art Rock da cidade lusa. Artistas galegos e portugueses crearán obras in situ apelando á conservación e respecto ao medio ambiente e doaranas en favor da rexeneración do monte.
venres, 20 xul 2018
Os Planetas, A Fura dels Baus e Les Luthiers, entre as estrelas da programación de outono-inverno.
venres, 6 xul 2018
O alcalde resaltou esta mañá que Vigo foi pioneira a principio do século XX en asumir unha revolución da creatividade, unha forma diferente de entender a arte a través da cinematografía. Na presentación desta visión do panorama artístico actual, Caballero felicitou aos responsables da mostra, ao comisario e ao "excepcional" escultor que protagoniza a primeira das exposicións.
martes, 3 xul 2018
Abel Caballero deu conta esta mañá do "éxito notable" co que se está a desenvolver o Festival de Jazz de Vigo cando xa superou o seu ecuador. A maioría dos concertos colgaron o cartel de "non hai entradas".