luns, 13 feb 2017
O goberno de Vigo respalda ao Conservatorio Superior de Música de Vigo na organización deste espectáculo, que reunirá a máis de 250 intérpretes sobre o escenario do Teatro Afundación este venres, 17 de febreiro, ás 20:30 horas.
xoves, 9 feb 2017
O Concello apoia este certame que comeza hoxe xoves 9 de febreiro incluíndo dous dous ciclos: o I Festival Xoves Clásicos de Vigo e o I Concurso Internacional de Piano "Cidade de Vigo". O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, sinala que o evento situará á urbe como un referente da música clásica.
venres, 3 feb 2017
Unha mostra na Casa das Artes reúne os traballos dos 91 participantes na última edición do Maratón Fotográfico. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 12 de marzo.
venres, 27 xan 2017
As paredes da Alcaldía lucirán nas próximas semanas as obras de Rafael Alonso, un dos mestres da acuarela contemporánea. Caballero, durante a inauguración, eloxiou a técnica e a sensibilidade da obra e explicou que é a primeira vez que se exhibe esta colección ao completo, dando forma a unha exposición que serve para manter vivo o recordo do artista. Unha vez máis, Mostrarte colaborara coa divulgación da expresión artística na nosa cidade.
venres, 27 xan 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou as transferencias de financiamento ao Museo Liste (90.000 euros) e ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo (605.000 euros). Caballero explicou que o MARCO "está financiado practicamente na súa totalidade polo Concello" e denunciou que a Xunta "só" achega 100.000 euros e o Goberno de España, 35.000.
xoves, 26 xan 2017
O alcalde certificou a colaboración municipal nunha reunión cos responsables da Fundación Carlos Casares, autor recoñecido no Día das Letras Galegas deste ano, "un gran vigués nado en Ourense", en verbas de Caballero. A Fundación solicitou nomear "Carlos Casares" á confluencia da Hispanidade con Pintor Colmeiro.
venres, 20 xan 2017
Desde o venres 3 de febreiro ata o 30 de abril, o Concello programará 25 espectáculos diferentes e 29 funcións no Auditorio Municipal, dentro do cartel de Vigocultura. Serán 24 grupos artísticos os que ofertarán propostas para todo tipo de público.
xoves, 19 xan 2017
O Museo "Quiñones de Léon" de Castrelos acolle a exposición "Divino Profano. Cultos, imaxes e significados", promovida polo Concello de Vigo.
mércores, 18 xan 2017
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este mércores na presentación dos concertos da orquestra, ciclo que comeza este 22 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo con Paquito D'Rivera. O director artístico da Vigo 430, Javier Escobar, revelou que o programa deste ano é o "máis ambicioso" dos presentados ata o momento e conta cun elenco de artistas invitados "do que podería presumir calquera orquestra europea"
luns, 16 xan 2017
Segundo informou Abel Caballero, o Boletín Oficial da Provincia publica este luns a convocatoria das bolsas de estudos que oferta o goberno de Vigo para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Os interesados poden optar desde este martes a algunha das 92 prazas dispoñibles, despois de que o Concello duplicara este ano o orzamento e o número de vacantes.