O Goberno de Vigo dedica 63.000 euros ao Festival Folclórico Internacional
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén axudas para o emprego xuvenil por valor de 70.000 euros, subvencións aos deportistas de alto nivel por importe de 50.000 euros e as bases do concurso de música "Vigo en Vivo" para grupos noveis do municipio.
O alcalde informou hoxe da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da subvención nominativa a favor da Asociación Cultural Interfolc para a organización do Festival Folclórico Internacional 2019, que se celebra entre o 15 e o 21 de xullo e conta cun orzamento de 63.000 euros. No encontro participan grupos de música tradicional galega da cidade e doutros lugares de Galicia así como representantes doutros folclores do mundo.
Amais, quedou aprobada a convocatoria para potenciar a participación de deportistas da cidade en competicións oficiais de alto nivel cun importe de 50.000 euros e as bases reguladoras e a convocatoria das "Axudas á contratación e mellora do emprego da xuventude viguesa 2019 que teñen un orzamento de 70.000 euros.
Abel Caballero deu conta tamén da aprobación das bases da convocatoria do "Concurso de música Vigo en Vivo" (Vigosónico) para grupos de música noveis do municipio co obxectivo de fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo dos participantes. Trátase dun certame destinado ás bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar co que poderán levar a súa música á rúa e outros lugares emblemáticos da cidade. "Imos seguir fomentando e aprendendo desta experiencia e non descarto mantelo no inverno en lugares cerrados para dar oportunidades aos grupos noveis vigueses", apuntou o rexedor.
No concurso poderán participar os grupos e/ou solistas de calquera estilo musical no que, polo menos, o 50% dos seus compoñentes estean empadroados en Vigo e un 75% deben ter entre 14 e 35 anos, sen contar con traballos publicados con anterioridade. O primeiro premio permite a gravación de 3 maquetas en Vigosónico e a realización dun videoclip do tema que elixan os gañadores; o segundo premio é a gravación de 2 maquetas en Vigosónico e o terceiro inclúe a gravación dunha maqueta en Vigosónico.