venres, 12 xul 2019
O alcalde de Vigo invitou este venres a todos os vigueses a participar nos actos do Día de Galicia que se celebrarán o vindeiro 30 de xullo no Pazo de Castrelos. Abel Caballero indicou que en próximas datas informará da hora de celebración e da persoa que dará o pregón.
venres, 12 xul 2019
Abel Caballero participou este venres na visita que realizou a raíña Sofía ao Banco de Alimentos de Vigo onde coñeceu o labor que desenvolve a entidade dende 1995. O rexedor acompañou a dona Sofía no seu percorrido polo almacén desde o que se distribúe unha media diaria de 6.000 quilos de comida e saudaron aos voluntarios que colaboran coa entidade.
venres, 12 xul 2019
Abel Caballero recibiu este venres na Alcaldía de Vigo aos representantes da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo) que organizan esta fin de semana na praia de Samil a campaña solidaria "Móllate pola Esclerose Múltiple"
venres, 12 xul 2019
Abel Caballero desprazouse na mañá deste venres ao céntrico colexio vigués, que unha no máis celebra o seu Summer Camp, que acada a sexta edición. A actividade se celebra durante o mes de xullo e ofrece aos nenos e nenas manualidades, música, deporte e xogos.
venres, 12 xul 2019
O servizo de Participación Cidadá organiza na aula de formación TIC do Auditorio Mar de Vigo os seguintes cursos para os meses de xullo e agosto de 2019: OFIMÁTICA BÁSICA (PROCESADOR DE TEXTOS)INTERNET e INTRODUCIÓN AO CORREO ELECTRÓNICO
venres, 12 xul 2019
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm 124 de data 1 de xullo de 2019, estará en exposición pública dende o 2 de xullo ata o 16 de xullo, o Padrón de Exaccións Unificadas Industriais, Lixo Industrial, Entrada de vehículos e reserva de aparcamento do ano 2019