xoves, 11 xul 2019
Abel Caballero visitou este xoves o antigo recinto militar, onde o goberno de Vigo leva adiante o "Verán Náutico na ETEA", un campamento no que os nenos e nenas practican vela lixeira, deportes de arrastre, kaiak, windsurf e paddle board, entre outras. Este verán o Concello ofrece máis de 32.000 prazas en actividades infantís e xuvenís.
xoves, 11 xul 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén axudas para o emprego xuvenil por valor de 70.000 euros, subvencións aos deportistas de alto nivel por importe de 50.000 euros e as bases do concurso de música "Vigo en Vivo" para grupos noveis do municipio.
xoves, 11 xul 2019
Son de Seu, Heredeiros da Crus, Tony Lomba & Elio dos Santos e Mitic actúan este xoves, venres e sábado, respectivamente, na Porta do Sol dentro do programa de Vigo en Festas.
xoves, 11 xul 2019
Abel Caballero inaugurou este xoves unha nova edición de MostrArte, o programa que enche de arte os espazos da Alcaldía. Desta volta é a quenda de Menchu Abril, artista vocacional e autodidacta que ofrece pinceladas impresionistas e estética anos vinte cunha temática notablemente feminina e feminista. Os cadros estarán expostos na Alcaldía durante as próximas semanas.