Escoitar

O Concello destina 480.000 euros ao V Programa de medianeiras da cidade

A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de 14 murais en diferentes espazos da cidade, unha intervención que se completa cun "programa de acompañamento cultural da maior magnitude", segundo expuxo o rexedor.

venres, 22 mar 2019
O alcalde deu conta este venres dos espazos elixidos para os 14 murais do V Programa municipal de medianeiras da cidade que decorarán a rúa Barcelona, as escaleiras de Doutor Canoa, o Colexio San Xosé A Guía, a rúa Bueu, o Centro Recreativo e Cultural de Coruxo na Estrada Camposancos, a rúa Roupeiro en García Barbón, o Pavillón Polideportivo de Bouzas, Camelias, Serafín Avendaño, Sanjurjo Badía, Tomás Alonso, O Pino, Emilia Pardo Bazán e Couto de San Honorato.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación das obras dos murais do programa deste ano 2019 dotado cun orzamento de 280.000 euros, aos que se suman 200.000 euros para as actividades culturais complementarias, ata un total de 480.000 euros, segundo explicou Caballero.

O alcalde detallou o nome dos artistas locais e internacionais que asinarán as obras das medianeiras, entre os que destacan: Zosen Bandido (arxentino formado en Barcelona), Ghizlane (Marrocos), Erbmon (Brasil), Mon Devane , Elara Elvira, Ana Santiso, Marcos Puhinger, Abi Castillo, Kóctel, Murone, Vanesa Álvarez, Chephoner, Mina Hamada e Kruella Denfer.

Además, Abel Caballero explicou as obras se acompañarán dun "programa cultural da maior magnitude" que se desenvolve na cidade, tal e como acontece estes días coa celebración das Xornadas Artísticas Crea Vigo 2019, que forman parte do programa de Medianeiras. Así, esta tarde ás 19h, ante o MARCO, represéntase "Pisando Ovos", danza contemporánea e música experimental e mañá sábado o Verbum acolle a Batalla Mural desde as 10:30h e, desde as 11h, as II Xornadas de Arte Urbana con charlas e obradoiros sobre arte contemporánea.