O Goberno de Vigo emprega este ano a 20 mulleres vítimas de violencia de xénero
O alcalde avanza que, a través dos fondos recibidos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero van contratarse 7 mulleres, que se suman ás 13 que se empregarán a través do programa municipal de violencia de xénero.
O Concello vén de recibir 69.521 euros do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, a parte correspondente á cidade tralo acordo tomado no ano 2018. Segundo explicou Caballero, tras a súa reunión como presidente da FEMP coa vicepresidenta do Goberno, decidiron que eses fondos se transmitisen directamente aos municipios.
O rexedor explicou que se destinarán á creación de 7 postos de traballo para mulleres vítimas da violencia de xénero por un período de 12 meses. Ademais, dentro do programa municipal propio de violencia machista o goberno municipal contratará a 13 mulleres, 5 auxiliares e 8 ordenanzas, que xa están traballando agora dentro do programa do ano 2018 "e desempeñando o seu posto de forma extraordinaria".
Así, o Concello emprega neste 2019 a 20 mulleres vítimas de violencia de xénero como "gran medida de inclusión", dedicando case 1 millón de euros a esta área. O rexedor lamentou que o presuposto do Estado, rexeitado polo PP, contemplaba un incremento do orzamento dedicado á violencia de xénero que lle permitiría a Vigo recibir 150.000 euros.